SEMANA SANTA en Baños de Molgas. Programa de Actividades
CICLISMO MÁXIA COCIÑA CREATIVA 13,14,15 e 16 de abril A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Estación de Tren de Baños de Molgas os días 13, 14, 15 e 16 de abril. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com) A maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas, o venres día 14 de abril, da man do Mago Dani García e o seu espectáculo Volta á Maxia. Un espectáculo para todos os públicos. E para os máis cativos, un Taller de Cociña Creativa, e tamén saudable. Vinde, nenos e nenas, a desfrutar da merenda o día 15 de abril no Forno de Almoite. Contacto de Consulta http://www.concellodemolgas.es/servizos
Programa de Benestar nos Balnearios 2017
Aberta a solicitude de prazas para Tratamento Termal http://www.concellodemolgas.es/gfx/Descargas/Bandos/0717_NOTAINFORMATIVA_termalismo.pdf
A Natureza é MáXiCa!
Sabado 11 de novembro 17:30 a 19 horas Parque da Ansuiña https://www.facebook.com/events/132060940788740/
SEMANA SANTA EN BAÑOS DE MOLGAS 2018
“Cultura e deporte” na Semana Santa, en Baños de Molgas. Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, presenta unha proposta cultural e deportiva para os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril. A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Antiga Estación de Tren de Baños de Molgas (Albergue Estacións Vivas – Inorde). As probas realizaranse os catro días, con hora de saída aproximada 11 da mañá. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com) O xoves 29 de marzo, entre as 18:30 e as 19:30 h., chegará ao noso municipio a VIII Travesía de Mushing Camiño de Santiago Ruta da Prata 2018, organizada pola Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro. Entrarán dende Vilar de Barrio por Calvelo e rematarán no Santuario dos Milagres. O sábado día 31 de marzo, a maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas co espectáculo Saaabor!, que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Para todos os públicos. AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES […]
TIPS PAINTED WITH MUSIC
CATROCORDAS Wednesday 5th of July 7:30 pm Church of San Salvador Baños de Molgas
CHAMPIONSHIP OF SPANISH SCHOOL OF CYCLING
6, 7 and 8 and July City council of Baños de Molgas More info: www.fundacionadomoure.com