Map Search

0.1 km
Search

SEMANA SANTA EN BAÑOS DE MOLGAS 2018

SEMANA SANTA EN BAÑOS DE MOLGAS 2018
Noticias Sin categorizar

“Cultura e deporte” na Semana Santa, en Baños de Molgas.

Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, presenta unha proposta cultural e deportiva para os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril.

Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Antiga Estación de Tren de Baños de Molgas (Albergue Estacións Vivas – Inorde). As probas realizaranse os catro días, con hora de saída aproximada 11 da mañá. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com)

O xoves 29 de marzo, entre as 18:30 e as 19:30 h., chegará ao noso municipio a VIII Travesía de Mushing Camiño de Santiago Ruta da Prata 2018, organizada pola Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro. Entrarán dende Vilar de Barrio por Calvelo e rematarán no Santuario dos Milagres.

O sábado día 31 de marzo, a maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas co espectáculo Saaabor!que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Para todos os públicos.

AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES DESTES DÍAS NO NOSO CONCELLO!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con