Localización. Parroquia de San Salvador de Baños de Molgas.
Tipo de monumento. Infraestructura viaria. De interese arquitectónico e histórico.
Datación. Época Romana, século II d.C.
Descrición
A Ponte Vella de Molgas foi construida probablemente no século II. Formaba parte das vías secundarias da chamada VÍA NOVA XVIII, que atravesaba as terras de Baños de Molgas. Esta vía romana mandouna construir o emperador Tito Flavio, no século I d.C. A Ponte Vella uniría o trazado da VÍA NOVA ca Sede Auriensis (actual cidade de Ourense).
No intinerario de Antonino, pola VÍA NOVA XVIII, realizado no século III, Baños de Molgas aparece mencionado como Salientibus onde identifica un posto de correos da administración do imperio chamados cursus publicus. O que dá a entender da relevancia de Baños de Molgas como encrucillada de camiños para as infraestructuras do Baixo Imperio Romano.
En canto á súa arquitectura, conta cun único arco con 10,76 metros de luz con tendencia circular e bóveda abucinada. Da época romana pódese apreciar, nas bases deste, o almofadado. Foi reformada no século XIV e no XX.
Catalogación. Inventario de bens patrimoniais. Xunta de Galicia.