Trátase dunha fonte labrada en pedra cun fermoso arco de medio punto e de cantaría pouco traballada, dende onde se leva a auga por unhas canles de pedra ata chegar ás “pías” de pedra empregadas para lavar a roupa.
Lavadoiros moi utilizados deica o 1967, no que se constrúe o novo pío, máis axeitado.