A Igrexa parroquial de San Salvador de Baños de Molgas é un edificio de grandes dimensións con muros de sillaría, destacando en altura o presbiterio con respecto á nave. Fronte sinxelo con remate de cornixa en arco e pináculos nas esquinas, na parte central figura dun Anxo. Torre de catro corpos lisos, os dous primeiros e o terceiro cun reloxo, o último remata en oito arcos onde se albergan as campás e cúpula con remate de cruz de ferro.