Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

En Vilariño de Lama Má, atopamos a igrexa parroquial de San Cibrao

Data de mediados do século XVIII. É sinalada pola súa impresionante fachada, tanto pola altura como pola variada decoración. No interior agocha varias sorpresas, coma o artesonado do teito, o retablo do altar, un tríptico de estilo “rococó” e o resto dunha pintura renacentista, que representa a Santa Lucía.

É sabido da importancia das terras de Baños de Molgas e Maceda ao longo da Idade Media, por eso paga a pena pararnos a observar os escudos que atopamos na fachada:

Vemos dous escudos nobiliarios: O dos Marqueses de Villaverde da Limia e o dos Soutelo de Nóvoa.

A familia dos marqueses de Villaverde, ten a orixe na familia Soutelo de Nóvoa, do pobo veciño de Xocín. O antepasado común das dúas familias é: Antonio Soutelo de Nóvoa, que chegou a ser Mestre de Campo e Cabaleiro da Orde de Santiago.

O escudo da familia Soutelo, representa 5 castiñeiros en formación de sotuer. E aparece na fachada por orde de Manuel Soutelo de Nóvoa, que en 1760 é o padroeiro de Lama Má.

Noutra parte da fachada vemos unha inscripción que reza: HIZOSE SIENDO ABAD EL SR DN ALONSO DE MIRA Y SOTOMAIOR. ANO DE 1762.

Unha curiosidade: Vilariño de Lama Má foi antes Vilariño da Torre

A igrexa estaba perto de Lama Má, à marxe esquerda do Río Arnoia, case un kilómetro abaixo do lugar. En 1760, é trasladada a Vilariño, agora chamado: de Lama Má. Máis ata ese momento o pobo era coñecido como Vilariño “da Torre” por referencia á casa señorial dos Soutelo de Nóvoa.

Un pouco de historia:

Alonso de Mira Feixoo Enriquez de Nóvoa e Soutomaior (nativo e señor da Casa de Reza) era o “abade” de Lama Má dende 1744, e en 1760 manda o traslado da igrexa dende Lama Má a Vilariño. Tal e como recolle a inscrición da fachada.

Cincocentos anos atrás, no 1230 o bispo de Ourense dá ós Cóengos Regulares de Santo Agostiño de Xunqueira de Ambía, esta freguesía. É a razón do padroádego en séculos vindeiros.
Nesa altura, en 1235, Don Pedro, abade de Lama Má vai en compaña dunha das mesnadas que marchan á “Reconquista”, levando o Santo Cristo dos Desamparados; fundando a vila de Pedro Abad en Córdoba, onde morre aos 96 anos. Motivo polo que os dous pobos están irmandados.

Información recollida de: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.

Lenda da parroquia de Lama Má:
Fai moitos anos viñeron unhas monxas a pedir esmola a LAMA BOA e tamén a LAMA MALA. Os de Lama Boa non lle deron nada e incluso se portaron mal con elas, entón sufriron un castigo divino. Cando regresaron as monxas observaron que Lama Boa desaparecera, afundiuse e no seu sitio formouse a Veiga de Francos, Xocín e Calvelo. Os de Lama Mala non debían de ser tan malos como o seu nome indica e de aí xurdiron os tres pobos : Calvelo, Xocín e Vilariño.

Polo tanto non se pode escribir: Parroquia de La Mamá nin Parroquia de Lamamá, senón Parroquia de Lama Má (Lama Mala)
(Lenda recollida por: Ambrosio Borrajo)

Información recopilada por Jose Antonio Gavilanes, para o colectivo Patrimonio Galego

http://patrimoniogalego.net/index.php/17017/2012/04/igrexa-parroquial-de-lama-ma-san-cibrao/

Dirección

Dirección:

Vilariño de Lama Má. Baños de Molgas

GPS:

42.198135491253566, -7.636640421818129

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con