Localización. Almoite na parroquia de Santa María de Almoite.
Tipo de monumento. Relixioso. De interese histórico, etnográfico, relixioso e arquitectónico.
Datación. Indeterminada. Elementos da baixa idade media e posterior. Estética barroca.
Descrición: O conxunto monumental da Igrexa de Almoite componse de: templo relixioso, viacrucis no muro que o arrodea, peto de ánimas e cruceiro na entrada principal. As obras de arte pódense clasificar dentro do estilo barroco.
Representa un conxunto de elementos típicos da arquitectura relixiosa na Galiza que aquí podemos visualizar a un tempo.
O cruceiro de pedra érguese ao pé das escaleiras da entrada principal. No fuste, de forma cilíndrica, dispóñense as imaxes de Adán e Eva e a serpe nunha alegoría da expulsión do Paraíso. Remata nun capitel e nunha cruz bifronte coas figura de Cristo e da Virxe. Garda gran similitude pola súa feitura e labrado, cun dos cruceiros mellor considerados en Galiza, como é o Cruceiro de Hío (Cangas do Morrazo).
O viacrucis está formado por varias cruces ao longo do muro do adro da igrexa.
O peto de ánimas está situado no muro do adro da igrexa parroquial de Almoite
Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia.