Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización. Monte Medo na parroquia de San Cibrao de Lama Má.

Tipo de monumento. Mámoa, elemento megalítico anterior á época castrexa. De interese etnográfico, histórico e arquitectónico.

Datación. Descoñecida. A cultura megalítica do Neolítico abrangue os milenios IV e III a.C.; mais na Galiza téñense datado mámoas anteriores ao milenio IV, como a chamada «Chousa Nova», no Concello de Silleda.

Descrición. Atópanse dúas mámoas no mesmo espazo forestal, distanciadas uns 70 metros unha da outra. Son de perfil baixo e teñen un diámetro duns 20 a 25 metros. Considéranse cámaras funerarias semellantes aos dolmens. No interior é habitual que teñan paredes e teito formados por grandes pedras e laxas cubertas de terra.

As mámoas teñen como característica que asemellan unha elevación sobre o terreo con forma circular, de aí o seu nome, mámoa: do latín, “mammula”, que significa “peito de muller”. Isto débese a unha metáfora do seu aspecto exterior.

A súa datación varía e hai avances nas investigacións que fan cambiar a súa cronoloxía. Actualmente a maioría dos especialistas coinciden en datar estes monumentos como propios do Neolítico. Na Galiza as mámoas son monumentos megalíticos habituais e característicos do noroeste peninsular. Desta abundancia xorden varias denominacións: medorra, medoña ou modorra; serían as máis habituais. Estas denominacións deron pé á toponimia de lugares e xentilicios das persoas orixinarias deses emprazamentos.

No caso do Burato do Haber é evidente que houbo escavacións fóra de control desde ben antigo.

Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia.

Dirección

Dirección:

Monte Medo na parroquia de San Cibrao de Lama Má.

GPS:

42.2156739546, -7.6221513748197

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con