Sendo Baños de Molgas a localidade natal do artista, escóllese este enclave para situar o museo do mesmo na restauración da estación co plan do Inorde “Estacións Vivas”. Alberga os artículos máis representativos da vida cultural e persoal do actor ourensán, como son os seus premios, vestiario, obxectos de atrezo, fotografías con amigos do mundo do espectáculo, regalos, biblioteca, pinturas e curiosidades, e tamén unha colección de máis de 1.000 aneis de prata. Ademais, o museo complementase cunha sala de exposicións na planta baixa, con exhibicións temporais de diversa temática, unha cafetería decorada con temática ferroviaria e un albergue na primeira planta, que conta con un total de dez habitacións de diferentes tamaños.
Estación de Baños de Molgas
Podemos afirmar que se trata dun antigo lugar de culto ás augas, xa que desta fonte saíu a ara romana que se atopa na capela prerrománica do mesmo pobo. A aparición de ninfas identificadas como divindades que habitan as fontes, como a personificación das forzas da natureza, interprétase como o intento por parte das autoridades romanas para adaptar progresivamente os deuses indíxenas e, así, introducir o modelo de culto romano. Os deuses indíxenas do tipo celta son substituídos por cultos coma o das ninfas, que toman o lugar das divindades nativas, producindo unha osmose entre o romano e o elemento nativo e unha sociedade mixta celta-romana. No arco da fonte pódese ver, aínda que moi difuminada, unha lenda. Na actualidade esta fonte está case esquecida, só se emprega para a rega das leiras que se atopan nas lindes, pero na súa época debeu de ser un gran complexo, polo que se intúe do que queda en pé. Fonte. José Antonio Gavilanes, www.patrimoniogalego.net
Santa Eufemia de Ambía
Superficie: 3.000 m2 Servizos: Praia fluvial. Zona de baño natural Coto de pesca. Rutas para andaina: o Dende a área recreativa cara o pobo de A Ácea e subida ao Outeiro do Castro (asentamento castrexo). o Dende a área recreativa cara Ponte Ambía.
A Acea, Parroquia de Santo Estevo de Ambía.
Superficie: 40.000 m2. Está formada por tres zonas diferenciadas e comunicadas por pontes de madeira: Ansuiña, Pitediña e As Mestras, onde atopamos un carballo catalogado como “árbore senlleira” pola Xunta de Galicia. Servizos: Piscina municipal Cancha de tenis, fútbol, baloncesto e cachibol Merendeiro: Mesas e bancos, grellas. Bar-cafetería da piscina Zona de xogo infantil Mantemento físico: Parque biosaudable Amplia zona de aparcamento Coto de pesca sen morte.
Vila de Baños de Molgas. Parque da Ansuiña
Atópanse en San Martiño de Betán, concretamente en O Fental, e pertencen á Idade de Bronce. Así, podemos ver unha peneda de gran tamaño, sobre a que aparecen gran cantidade de coviñas de tamaño regular, todas por igual de uns 3 a 4 cm. de diámetro de 1,5cm de fondo, concentradas, maiormente, próximas a unha gran pía natural. Polo lado de nacente ten feitos uns chanzos para subir á cima, para meter a punta do pé e axudarse a ascender. Na cima tamén ten unas zonas traballadas con algún fin, arredor de algunha coviña natural, en algún dos casos podería ser unha vulva. Nos anos 80 do século XX colocouse un gran pau para suxeitar unha bandeira, e dito pau amarrouse con cemento, que a piques estivo de estragar a gravura. Este petróglifo é un dos primeiros documentados cos que contou Baños de Molgas durante moitos anos. Atópase subindo dende Cardoeiro cara o Monte Cubreiro, que está cheo de túmulos e varios petroglifos. Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net
Ponte sobre o río Arnoia do século XVII, construído en cantería, de dous arcos de medio punto, cunha lonxitude e anchura aproximadamente de 17,00 e 5,00 metros, respectivamente. Conta cun pequeno peitoril de pedra, recentemente cubriuse a rodadura con placa de pedra nova.
Calvelo, Baños de Molgas
Teléfono: 988 430331 Horario: De 8:30 a 15h. De luns a vernes. Localización: Ó lado do concello
Baños de Molgas
Teléfono: 988 430000 Horario: De 8:30 a 14:30h, de luns a venres Localización: Rúa Samuel González Movilla, nº 2
Baños de Molgas
Teléfono: 988 430252 Horario: Mañá: De 9:00 a 14:30h Tarde: De 16:00 a 20:00h Sábados: De 10:00 a 14:00h Localización: Rúa Samuel González Movilla, nº 70
75 Rúa Samuel González Movilla, Baños de Molgas
Trátase dunha fonte labrada en pedra cun fermoso arco de medio punto e de cantaría pouco traballada, dende onde se leva a auga por unhas canles de pedra ata chegar ás “pías” de pedra empregadas para lavar a roupa. Lavadoiros moi utilizados deica o 1967, no que se constrúe o novo pío, máis axeitado.
Guamil, Baños de Molgas
A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII. A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado, foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado ven reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa. Unha das etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino é Salientibus actual Baños de Molgas.
Baños de Molgas
A Igrexa parroquial de San Salvador de Baños de Molgas é un edificio de grandes dimensións con muros de sillaría, destacando en altura o presbiterio con respecto á nave. Fronte sinxelo con remate de cornixa en arco e pináculos nas esquinas, na parte central figura dun Anxo. Torre de catro corpos lisos, os dous primeiros e o terceiro cun reloxo, o último remata en oito arcos onde se albergan as campás e cúpula con remate de cruz de ferro.
Parroquia de Molgas