Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

 

Portada de acceso a un patio, formada por unha porta carral, feita en muro de perpiaño de granito, a cal ten un lintel ca seguinte lenda “HS MARIA I JOSE AÑO DE 1766”, sobre o que se asenta unha moldura horizontal.

No cumio ten dous pináculos laterais de pedra de sección cadrada, no centro situase unha fornela con imaxe do Santo Cristo de Forcheira, protexido con cristal no frontal.

Esta porta está adosada a un edificio de planta rectangular, con muros de pedra e linteis nos ocos das portas e ventás, con cuberta de tella, que foi casa grande de Marzás.

Dirección

Dirección:

Marzás, Baños de Molgas

GPS:

42.2389017967, -7.72998958826

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con