Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.

A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado, foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado ven reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa.

Unha das etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino é Salientibus actual Baños de Molgas.

Dirección

Dirección:

Baños de Molgas

GPS:

42.20603154513663, -7.642141805515848

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con