La APP: Ofrecemos una herramienta turística más
O Camiño de Santiago percorre un recuncho pequeno do noso concello. Un vello camiño situado ao pé da vía do tren, entre as aldeas de Gaspar e A Lamela. O Camiño da “Vía da Prata” atravesa Baños de Molgas de Sur a Norte, chega dende o concello veciño de Xunqueira de Ambía e continúa cara a parroquia de Cantoña en Paderne de Allariz.
A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII. A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado, foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado ven reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa. Unha das etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino é Salientibus actual Baños de Molgas.
Baños de Molgas