Procura no Mapa

0.1 km
Buscar
Que é un petróglifo? Podémolo considerar calquera figura ou forma labrada sobre unha pedra ou rocha. A súa función intúese como ritual e simbólica. Porén, aínda que na idade de bronce a agricultura e gandaría practicábanse de forma xeneralizada, os motivos representados lévannos a pensar que se usaban para ritos importantes nos ciclos de vida das persoas ou do ano, ou para a identificación de territorios. O seu uso e simboloxía, non se coñece con certeza, mais considérase que tiña un significado máxico, sobre o territorio, os animais e mesmo sobre as persoas, como podían ser rituais de iniciación ou de caza. Que é unha mámoa? Considérase que é unha cámara funeraria semellante ao dolmen. No interior é habitual que conte con paredes e teito formados por grandes pedras e laxas cubertas de terra. As mámoas teñen como característica que asemellan unha elevación sobre o terreo con forma circular, de aí o seu nome, mámoa: do latín, “mammula”, que significa “peito de muller”. Isto débese a unha metáfora do seu aspecto exterior. Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia

Amosando 12 de 12 elementos

Amosar:
Ordenar por:
Orden: