Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Podemos afirmar que se trata dun antigo lugar de culto ás augas, xa que desta fonte saíu a ara romana que se atopa na capela prerrománica do mesmo pobo.

A aparición de ninfas identificadas como divindades que habitan as fontes, como a personificación das forzas da natureza, interprétase como o intento por parte das autoridades romanas para adaptar progresivamente os deuses indíxenas e, así, introducir o modelo de culto romano. Os deuses indíxenas do tipo celta son substituídos por cultos coma o das ninfas, que toman o lugar das divindades nativas, producindo unha osmose entre o romano e o elemento nativo e unha sociedade mixta celta-romana.

No arco da fonte pódese ver, aínda que moi difuminada, unha lenda. Na actualidade esta fonte está case esquecida, só se emprega para a rega das leiras que se atopan nas lindes, pero na súa época debeu de ser un gran complexo, polo que se intúe do que queda en pé.

Fonte. José Antonio Gavilanes, www.patrimoniogalego.net

Dirección

Dirección:

Santa Eufemia de Ambía

GPS:

42.224712974395, -7.7056847512722

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con