Sendo Baños de Molgas a localidade natal do artista, escóllese este enclave para situar o museo do mesmo na restauración da estación co plan do Inorde “Estacións Vivas”.
Alberga os artículos máis representativos da vida cultural e persoal do actor ourensán, como son os seus premios, vestiario, obxectos de atrezo, fotografías con amigos do mundo do espectáculo, regalos, biblioteca, pinturas e curiosidades, e tamén unha colección de máis de 1.000 aneis de prata.
Ademais, o museo complementase cunha sala de exposicións na planta baixa, con exhibicións temporais de diversa temática, unha cafetería decorada con temática ferroviaria e un albergue na primeira planta, que conta con un total de dez habitacións de diferentes tamaños.