Atópanse en San Martiño de Betán, concretamente en O Fental, e pertencen á Idade de Bronce.
Así, podemos ver unha peneda de gran tamaño, sobre a que aparecen gran cantidade de coviñas de tamaño regular, todas por igual de uns 3 a 4 cm. de diámetro de 1,5cm de fondo, concentradas, maiormente, próximas a unha gran pía natural.
Polo lado de nacente ten feitos uns chanzos para subir á cima, para meter a punta do pé e axudarse a ascender. Na cima tamén ten unas zonas traballadas con algún fin, arredor de algunha coviña natural, en algún dos casos podería ser unha vulva.
Nos anos 80 do século XX colocouse un gran pau para suxeitar unha bandeira, e dito pau amarrouse con cemento, que a piques estivo de estragar a gravura.
Este petróglifo é un dos primeiros documentados cos que contou Baños de Molgas durante moitos anos. Atópase subindo dende Cardoeiro cara o Monte Cubreiro, que está cheo de túmulos e varios petroglifos.
Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net