Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Están situados no Monte Campelo, en San Martiño de Presqueira, e pertencen á Idade de Bronce.

O primeiro dos afloramentos apenas sobresae da rasante do chan. Aínda que está moi erosionado, distinguimos un mínimo de catro motivos de círculos concéntricos con coviña central, da que saen cadanseu suco. Os gravados están moi erosionados, sobre todo os circulares. Xunto a estes tres motivos distínguense catro podomorfos (tres de eles xuntos) e unha coviña illada.

No cumio doutro pequeno outeiro granítico(a Pena Coitela), nunha pena que pouco sae da rasante do terreo, aparecen gravadas 5 coviñas de pequenas dimensións, cun diámetro medio de 4 cm. e unha fondura de 1. De polo menos tres destas coviñas sae cadanseu suco, tendo dous de eles unha lonxitude considerable e unha fondura de entre 2 e 3cm. Serían a representación de varias serpes arrastrándose pola superficie do penedo, sendo as cazoletas a cabeza.

Preto hai outra pedra que tamén sobresae pouco da rasante do terreo, na que podemos ver gravado un motivo circular, formado por dous sucos circulares concéntricos, sendo o maior de un diámetro próximo a 25cm, tendo no centro unha coviña. Dende a cazoleta central sae un suco que cruza os dous círculos e estirase en dirección sur uns 25cm mais. Dende a intersección de este suco e o circulo maior, sae outro suco con curvatura aberta cara poñente, rematado en coviña. En dirección nordés ten unha cazoleta afastada uns centímetros do círculo maior. A profundidade dos sucos que forman os círculos mais as canles, teñen unha fondura de 1,5cm e un ancho de 2cm aproximadamente.

A escasos metros aparece unha cruz de termo gravada nunha pedra, márcanos a liña divisoria entre as parroquias de Presqueira (San Martiño) e Ambía (San Estevo), formada por dous sucos duns 15 cm. de lonxitude, cruzados a 90º, facendo unha cruz de brazos iguais. Estes sucos teñen un ancho de uns 2 ou 3 cm. e unha profundidade aproximada de 2cm.

Non lonxe destes, atopamos outra que tamén sobresae pouco da rasante do terreo, na que podemos ver gravados varios motivos circulares moi desgastados e algunha coviña. Dáse a curiosidade que a plena luz do día apenas se distinguen, resaltan moito máis pola noite coa luz da lúa ou con luz artificial incidindo horizontalmente sobre a pedra.

Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net

Dirección

GPS:

42.221592426036, -7.7032533288011

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con