Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización. Santa Eufemia de Ambía na Parroquia de Santo Estevo de Ambía.

Tipo de monumento. Capela cristián alto-medieval. De interese arquitectónico, artístico, histórico, etnográfico e relixioso.

Datación. Século IX. Inicio da alta idade media.

Descrición
Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Cronoloxicamente, está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual Mosteiro de San Rosendo en Celanova).

En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da idade media europea; coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe.
A planta componse dunha soa nave con ábsida rectangular e dividiase en tres capelas interiores. Vense os arranques de dous arcos dobres de ferradura que formaban parte das tres naves primitivas.

No seu interior atopamos unha ara de orixe romano (baixo imperio romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románico.

Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada “Fonte das Ninfas”, lugar de onde viría a ara que hoxe está no interior da capela de Santa Eufemia.

Catalogación. Ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento Histórico-Artístico (Decreto 3 de xuño de 1931).

00_capela-ambia

Dirección

Dirección:

Parroquia de Santo Estevo de Ambía.

GPS:

42.22397152026608, -7.705229177086267

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con