La APP: Ofrecemos una herramienta turística más
Localización. Santa Eufemia de Ambía na Parroquia de Santo Estevo de Ambía. Tipo de monumento. Capela cristián alto-medieval. De interese arquitectónico, artístico, histórico, etnográfico e relixioso. Datación. Século IX. Inicio da alta idade media. Descrición Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Cronoloxicamente, está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual Mosteiro de San Rosendo en Celanova). En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da idade media europea; coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe. A planta componse dunha soa nave con ábsida rectangular e dividiase en tres capelas interiores. Vense os arranques de dous arcos dobres de ferradura que formaban parte das tres naves primitivas. No seu interior atopamos unha ara de orixe romano (baixo imperio romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románico. Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada “Fonte das Ninfas”, lugar de onde viría a ara que hoxe está no interior da capela de Santa Eufemia. Catalogación. Ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento […]
Parroquia de Santo Estevo de Ambía.
O Outeiro da Torre (en Suatorre) era o lugar onde ser erguía o castelo dos “Señores de Ambía”, emparentados ca importante figura histórica de San Rosendo Méndez, bispo de Santiago de Compostela e fundador de numerosos mosteiros e cenobios. O que hoxe podemos ver, nesta pequena aldea, son as bases nas que se asentaban os muros do castelo e o camiño de acceso, que hoxe forman as rúas de Suatorre. Sábese que as pedras da fortaleza se utilizaron para a construción de vivendas na veciña Vilameá. Un monumento importante desa época medieval é “O Pilo”, un sartego funerario ao pé dun castiñeiro, que pudo pertencer a algún dos “Señores de Ambía” alí enterrados. Outro elemento de interese é a “Cruz da Inquisición”, a súa sede estaba nunha aldea veciña, mais rematou formando parte da decoración dunha vivenda particular en Suatorre. Un dos señores máis recoñecidos de Ambía foi Don Paio Arias de Ambía, que foi o primeiro señor de Soutomaior, ao servizo do Rei Alfonso VII e tamén un dos seus descendentes Paio Méndez de Soutomaior Pérez de Ambía, que por teren loitado nas Navas de Tolosa para o Rei Alfonso VIII, converteuse no “principal” e fundador da casa Sotomayor […]
Suatorre, Vilameá, Baños de Molgas
En Vilariño de Lama Má, atopamos a igrexa parroquial de San Cibrao Data de mediados do século XVIII. É sinalada pola súa impresionante fachada, tanto pola altura como pola variada decoración. No interior agocha varias sorpresas, coma o artesonado do teito, o retablo do altar, un tríptico de estilo “rococó” e o resto dunha pintura renacentista, que representa a Santa Lucía. É sabido da importancia das terras de Baños de Molgas e Maceda ao longo da Idade Media, por eso paga a pena pararnos a observar os escudos que atopamos na fachada: Vemos dous escudos nobiliarios: O dos Marqueses de Villaverde da Limia e o dos Soutelo de Nóvoa. A familia dos marqueses de Villaverde, ten a orixe na familia Soutelo de Nóvoa, do pobo veciño de Xocín. O antepasado común das dúas familias é: Antonio Soutelo de Nóvoa, que chegou a ser Mestre de Campo e Cabaleiro da Orde de Santiago. O escudo da familia Soutelo, representa 5 castiñeiros en formación de sotuer. E aparece na fachada por orde de Manuel Soutelo de Nóvoa, que en 1760 é o padroeiro de Lama Má. Noutra parte da fachada vemos unha inscripción que reza: HIZOSE SIENDO ABAD EL SR DN ALONSO […]
Vilariño de Lama Má. Baños de Molgas
Sendo Baños de Molgas a localidade natal do artista, escóllese este enclave para situar o museo do mesmo na restauración da estación co plan do Inorde “Estacións Vivas”. Alberga os artículos máis representativos da vida cultural e persoal do actor ourensán, como son os seus premios, vestiario, obxectos de atrezo, fotografías con amigos do mundo do espectáculo, regalos, biblioteca, pinturas e curiosidades, e tamén unha colección de máis de 1.000 aneis de prata. Ademais, o museo complementase cunha sala de exposicións na planta baixa, con exhibicións temporais de diversa temática, unha cafetería decorada con temática ferroviaria e un albergue na primeira planta, que conta con un total de dez habitacións de diferentes tamaños.
Estación de Baños de Molgas