
SEMANA SANTA EN BAÑOS DE MOLGAS 2018
“Cultura e deporte” na Semana Santa, en Baños de Molgas. Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, presenta unha proposta cultural e deportiva para os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril. A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Antiga Estación de Tren de Baños de Molgas (Albergue Estacións Vivas – Inorde). As probas realizaranse os catro días, con hora de saída aproximada 11 da mañá. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com) O xoves 29 de marzo, entre as 18:30 e as 19:30 h., chegará ao noso municipio a VIII Travesía de Mushing Camiño de Santiago Ruta da Prata 2018, organizada pola Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro. Entrarán dende Vilar de Barrio por Calvelo e rematarán no Santuario dos Milagres. O sábado día 31 de marzo, a maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas co espectáculo Saaabor!, que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Para todos os públicos. AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES […]
A Natureza é MáXiCa!
Sabado 11 de novembro 17:30 a 19 horas Parque da Ansuiña https://www.facebook.com/events/132060940788740/

O MAGO TETO. PROGRAMA CULTURA NO CAMIÑO.
Mércores, 16 de agosto 20:30 horas Lugar: Parque Ansuíña

RECORDATORIO: PROGRAMA VERÁN 2017
MÓVETE POLO TEU CONCELLO Animádevos a percorrer o concello de Baños de Molgas coas actividades de verán que preparamos para todas e todos vós. Ide anotando na vosa axenda os eventos. Agardamos que sexa do voso agrado. Bo verán! Ánimo que ainda nos queda agosto!!

ACTIVIDADES NA PISCINA MUNICIPAL 2017
Actividades na piscina municipal Entre o 17 de xullo e o 11 de agosto Anímate!!

X CARREIRA POPULAR DO SAN SALVADOR 2017
Sábado día 29 de xullo X Carreira Popular do San Salvador Baños de Molgas X CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS Data: Sábado 29 de xullo de 2017. Hora: a partires das 19.00 h. Lugar: saída e chegada nas piscinas municipais do Parque Ansuíña. Distancias: 150, 750, 2.300 e 7.000 m. Organiza: Concello de Baños de Molgas. Inscrición: a partires do luns, 26 de xuño. Data límite o 27 de xullo ou ao chegar a 300 inscritos na proba absoluta en www.championchipnorte.com (Pitufos deberán anotarse, pero poderán facelo directamente nas oficinas do Concello de Baños de Molgas ou no teléfono 988 430 000)

VI FESTIVAL FOLK “SON DA BURGA”
Venres, 28 de xullo. Parque da Ansuiña Comezamos ás 20h cunha actividade infantil musical e despois, para todos os públicos: A Banda da Balbina Ulträqäns e máis…

FESTIVAL. BERRA em GALEGO
Sábado 20 de maio a partir das 20h No parque da Ansuiña, en Molgas

Programa de Benestar nos Balnearios 2017
Aberta a solicitude de prazas para Tratamento Termal http://www.concellodemolgas.es/gfx/Descargas/Bandos/0717_NOTAINFORMATIVA_termalismo.pdf

SEMANA SANTA en Baños de Molgas. Programa de Actividades
CICLISMO MÁXIA COCIÑA CREATIVA 13,14,15 e 16 de abril A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Estación de Tren de Baños de Molgas os días 13, 14, 15 e 16 de abril. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com) A maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas, o venres día 14 de abril, da man do Mago Dani García e o seu espectáculo Volta á Maxia. Un espectáculo para todos os públicos. E para os máis cativos, un Taller de Cociña Creativa, e tamén saudable. Vinde, nenos e nenas, a desfrutar da merenda o día 15 de abril no Forno de Almoite. Contacto de Consulta http://www.concellodemolgas.es/servizos

Benvidos!
Benvidos á páxina web de turismo de Baños de Molgas. Dende aquí pretendemos pór en coñecemento da cidadanía todos e cada un dos lugares emblemáticos e zonas e monumentos interesantes que temos no noso concello.

Baños de Molgas coa reciclaxe
CARPA INFORMATIVA SOBRE RECICLAXE Mércores 2 de Novembro A partir das 10 horas Na zona da Feira

Programa de mellora de camiños de titularidade municipal
PLAN MARCO: PROGRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (PDR 2014-2020) PROXECTO: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias en Baños de Molgas INVESTIMENTO: 65.687,77 € IMPORTE AXUDA: 54.287,41 € FEADER: Europa Inviste no Rural