La APP: Ofrecemos una herramienta turística más
Localización. Monte Medo. Parroquia de San Xoán de Vide. Tipo de monumento. Relixioso. De interese: arquitectónico, histórico-artístico, relixioso, etnográfico e paisaxístico. Datación. Inicio e finalización da construción actual: 1731-1768. Anteriores construcións relixiosas: século IX e século XV. Descrición O Monte Medo sitúase no medio dunha chaira ao pé da Serra de San Mamede. O santuario é de estilo barroco-neoclásico e está arrodeado dun muro sobre o que se abren catro portas de acceso ao recinto. A fachada semella un retablo pétreo xigante, como avance en pequeno da fachada do Obradoiro na Catedral de Santiago de Compostela (sete anos antes que o de Compostela), coa súa balconada e altar, prevista para celebracións multitudinarias. No exterior do recinto atópanse sete capelas do viacrucis equidistantes entre si, e na parte traseira atópase A Carballa dos Milagres, xunto á Fonte da Virxe, lugar onde se cre que se situaba a primeira ermida adicada á Santa ou á Virxe durante o século IX. Se entramos no recinto dende a porta traseira, atopámonos cos restos da lanterna do anterior templo, tamén barroco do século XVII e, cara á parte dianteira por este mesmo lateral do templo, vemos o Cruceiro da Piedade, con orixe no século XVI […]
Monte Medo. Parroquia de San Xoán de Vide.
O Outeiro da Torre (en Suatorre) era o lugar onde ser erguía o castelo dos “Señores de Ambía”, emparentados ca importante figura histórica de San Rosendo Méndez, bispo de Santiago de Compostela e fundador de numerosos mosteiros e cenobios. O que hoxe podemos ver, nesta pequena aldea, son as bases nas que se asentaban os muros do castelo e o camiño de acceso, que hoxe forman as rúas de Suatorre. Sábese que as pedras da fortaleza se utilizaron para a construción de vivendas na veciña Vilameá. Un monumento importante desa época medieval é “O Pilo”, un sartego funerario ao pé dun castiñeiro, que pudo pertencer a algún dos “Señores de Ambía” alí enterrados. Outro elemento de interese é a “Cruz da Inquisición”, a súa sede estaba nunha aldea veciña, mais rematou formando parte da decoración dunha vivenda particular en Suatorre. Un dos señores máis recoñecidos de Ambía foi Don Paio Arias de Ambía, que foi o primeiro señor de Soutomaior, ao servizo do Rei Alfonso VII e tamén un dos seus descendentes Paio Méndez de Soutomaior Pérez de Ambía, que por teren loitado nas Navas de Tolosa para o Rei Alfonso VIII, converteuse no “principal” e fundador da casa Sotomayor […]
Suatorre, Vilameá, Baños de Molgas
Localización: Suatorre. Parroquia de Santo Estevo de Ambía Tipo de elemento: Interés arquitectónico e industrial, unha construcción singular e única no entorno rural ourensán. Datación: Idade moderna. Finais do s. XIX – mediados do século XX Descrición: Esta casa foi ata mediados do século XX un lagar para a fabricación de velas de cera.Pertenceu a unha familia de Vilameá que eran coñecidos coma “Os Cereiros” ou “As Cereiras”. Polos anos 50-60 do século XX, aínda facían velas en Vilameá. O lagar forno e prensa, foron desmontados, reaproveitándose para outros usos. Fican unhas instalacións que xogaron o papel dunha pequena produción industrial, cun espírito semi- artesán. Por si só, o traballo de cantaría que se ve no lagar, fai que pague a pena de o visitar. Sinalar que a “pesa” do lagar de cera (que aparece nas fotos), ten unha historia máis longa que a propia cerería: “Primeiramente foi feita para servir de pesa no lagar de Suatorre, pero cando se deixou de utilizar, alá por mediados do século XX, foi transportada para o lugar de Outeiro onde foi utilizada por “carpinteiros” para dar forma as ferras dos carros antes de ferralos a lume. Finalmente veu para á Esperela, onde decora un […]