Localización. Monte Medo na parroquia de San Cibrao de Lama Má. Tipo de monumento. Mámoa, elemento megalítico anterior á época castrexa. De interese etnográfico, histórico e arquitectónico. Datación. Descoñecida. A cultura megalítica do Neolítico abrangue os milenios IV e III a.C.; mais na Galiza téñense datado mámoas anteriores ao milenio IV, como a chamada «Chousa Nova», no Concello de Silleda. Descrición. Atópanse dúas mámoas no mesmo espazo forestal, distanciadas uns 70 metros unha da outra. Son de perfil baixo e teñen un diámetro duns 20 a 25 metros. Considéranse cámaras funerarias semellantes aos dolmens. No interior é habitual que teñan paredes e teito formados por grandes pedras e laxas cubertas de terra. As mámoas teñen como característica que asemellan unha elevación sobre o terreo con forma circular, de aí o seu nome, mámoa: do latín, “mammula”, que significa “peito de muller”. Isto débese a unha metáfora do seu aspecto exterior. A súa datación varía e hai avances nas investigacións que fan cambiar a súa cronoloxía. Actualmente a maioría dos especialistas coinciden en datar estes monumentos como propios do Neolítico. Na Galiza as mámoas son monumentos megalíticos habituais e característicos do noroeste peninsular. Desta abundancia xorden varias denominacións: medorra, medoña ou […]
Monte Medo na parroquia de San Cibrao de Lama Má.
Localización. A Chaira. Parroquia de San Salvador de Molgas. Tipo de monumento. Monumento megalítico: Petróglifo. De interese arquitectónico, etnográfico e histórico. Datación. Idade de Bronce (II milenio a.C.). Descrición. Na “Chaira da Insuiña” ou “a Ansuiña”, hai tres petróglifos situados a uns cen metros un dos outros dous. A súa localización é doada por estaren nos arredores do campo de fútbol de Baños de Molgas. • Petróglifo 1, presenta unha forma de espiga ou planta, con talo e pólas rematadas en coviñas. • Petróglifos 2 e 3, están formados por un conxunto de coviñas, sen coñecer o seu significado; pero moi habitual neste termo municipal. Que é un petróglifo? Podémolo considerar calquera figura ou forma labrada sobre unha pedra ou rocha. A súa función intúese como ritual e simbólica. Porén, aínda que na idade de bronce a agricultura e gandaría practicábanse de forma xeneralizada, os motivos representados lévannos a pensar que se usaban para ritos importantes nos ciclos de vida das persoas ou do ano, ou para a identificación de territorios. O seu uso e simboloxía non se coñece con certeza, mais considérase que tiña un significado máxico, sobre o territorio, os animais e mesmo sobre as persoas, como podían […]
A Chaira. Parroquia de San Salvador de Molgas.
Localización. Monte Comunal Lampaza. Parroquia de Santo Estevo de Ambia. Tipo de monumento. Monumento megalítico: Petróglifo. De interese arquitectónico, etnográfico e histórico. Datación. Idade de Bronce (II milenio a.C.). Descrición. Conxunto de petróglifos nas proximidades do río Arnoia. Denominados: • Lampaza III: Presenta varias coviñas distribuidas sobre un penedo de forma rectangular e non moi alto. • Lampaza IV: Conxunto de varias coviñas sobre un penedo de forma redondeada e agochado entre a vexetación. Que é un petróglifo? Podémolo considerar calquera figura ou forma labrada sobre unha pedra ou rocha. A súa función intúese como ritual e simbólica. Porén, aínda que na idade de bronce a agricultura e gandaría practicábanse de forma xeneralizada, os motivos representados lévannos a pensar que se usaban para ritos importantes nos ciclos de vida das persoas ou do ano, ou para a identificación de territorios. O seu uso e simboloxía, non se coñece con certeza, mais considérase que tiña un significado máxico, sobre o territorio, os animais e mesmo sobre as persoas, como podían ser rituais de iniciación ou de caza. Na Galiza e no noroeste peninsular hai tres tipos de temáticas habituais: naturalistas (que representan seres vivos coma persoas, vexetais ou animais), xeométricos (círculos, […]
Localización. Parroquia de San Martiño de Betán. • Petróglifos. Monte Cubreiro ou Cobreiro. • Mámoas. A Seara, zona oeste do Monte Cubreiro. Tipo de monumento. De interese arquitectónico, histórico e etnográfico • Petróglifo. Monumento megalítico da Idade de Bronce (II milenio a.C.). Atopamos en diferentes zonas do monte ata catro petróglifos con sinais, probablemente de diferentes épocas e intención: coviñas, formas xeométricas irregulares • Mámoa. Monumento megalítico do Neolítico (IV e III milenios a.C.). Na zona denominada A Seara atopamos ata dez mámoas nunha orientación aproximada Norte – sul . Datación. Idade de Bronce (II milenio a.C.). Que é un petróglifo? Podémolo considerar calquera figura ou forma labrada sobre unha pedra ou rocha. A súa función intúese como ritual e simbólica. Porén, aínda que na idade de bronce a agricultura e gandaría practicábanse de forma xeneralizada, os motivos representados lévannos a pensar que se usaban para ritos importantes nos ciclos de vida das persoas ou do ano, ou para a identificación de territorios. O seu uso e simboloxía, non se coñece con certeza, mais considérase que tiña un significado máxico, sobre o territorio, os animais e mesmo sobre as persoas, como podían ser rituais de iniciación ou de caza. Que […]
Parroquia de San Martiño de Betán.
Qué é un petróglifo? Os petróglifos son monumentos megalíticos da Idade de Bronce (II milenio a.C.). Podemos considerar un petróglifo calquera figura ou forma feita sobre unha pedra ou rocha. A súa función intúese como ritual e simbólica. Porén, aínda que na idade de bronce a agricultura e gandaría practicábanse de forma xeneralizada, os motivos representados lévannos a pensar que se usaban para ritos importantes nos ciclos de vida das persoas ou do ano, ou para a identificación de territorios. O seu uso e simboloxía, non se coñece con certeza, mais considérase que tiña un significado máxico, sobre o territorio, os animais e mesmo sobre as persoas, como podían ser rituais de iniciación ou de caza.
San Vitoiro de Presqueira
Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. Poden ter varios significados: máxicos e relixiosos ou marcacíon de límites territoriais; serían os usos e significados máis habituais. Os petróglifos en xeral, abranguen tres grandes períodos: Neolítico (IV e III milenios a.C.). Idade de Bronce (II milenio). Idade de Ferro (I milenio a.C. até o século III d.C.). A maioría dos petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores acreditan que terían aparecido as primeiras representacións, xa no cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce,. É habitual atopar gravados con datacións posteriores nas mesmas pedras e penedas onde xa había petróglifos antigos; un caso que se deu ata ben entrada a Idade Media. Un dos obxectivos que perseguían era a cristianización de antigos cultos e simboloxías e outras veces aproveitábanse esas localizacións para os lindes entre territorios, como parroquias ou “señoríos” da nobreza medieval. En Baños de Molgas é moi habitual este tipo de petróglifo, en forma de cruces, e sobre pedras con outras simboloxías máis antigas. Un exemplo é o cruceiro-petróglifo de San Vitoiro de Presqueira. Fonte: Grupo Galaico de Arte Rupestre.
Tumbas de orixe medieval. Almoite é unha das zonas de Baños de Molgas cun importante pasado histórico, debido ao seu emprazamento xeográfico estratéxico. Existen restos de “villae” romana, hoxe non visible.
Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. Poden ter varios significados: máxicos e relixiosos ou marcacíon de límites territoriais; serían os usos e significados máis habituais. Os petróglifos en xeral, abranguen tres grandes períodos: Neolítico (IV e III milenios a.C.). Idade de Bronce (II milenio). Idade de Ferro (I milenio a.C. até o século III d.C.). A maioría dos petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores acreditan que terían aparecido as primeiras representacións, xa no cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce,. É habitual atopar gravados con datacións posteriores nas mesmas pedras e penedas onde xa había petróglifos antigos; un caso que se deu ata ben entrada a Idade Media. Un dos obxectivos que perseguían era a cristianización de antigos cultos e simboloxías e outras veces aproveitábanse esas localizacións para os lindes entre territorios, como parroquias ou “señoríos” da nobreza medieval. En Baños de Molgas é moi habitual este tipo de petróglifo, en forma de cruces, e sobre pedras con outras simboloxías máis antigas. Un exemplo é o cruceiro-petróglifo de San Vitoiro de Presqueira. Fonte: Grupo Galaico de Arte Rupestre.
Alquerque de 9 que posúe a forma tradicional que os caracteriza, os tres cadrados concéntricos e as liñas rectas que unen os seus lados nun punto intermedio. Durante anos creuse que era unha marca de termo, a división entre as parroquias de Ambía e a de Poedo, isto foi por unha mala interpretación da gravura. Definiuse como un circulo con coviña interior, dentro de dous cadrados, isto posiblemente polo erosionado do suco e rudimentario do seu trazado. Atopámolo gravado no Penedo da Demarcación, unha laxe de uns 10 x 12m sito no Monte da Grama, a non moitos centenares de metros onde noutrora estivo a torre dos Ambía, o que nos fai crer na súa datación medieval.
Baños de Molgas
Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. Poden ter varios significados: máxicos e relixiosos ou marcacíon de límites territoriais; serían os usos e significados máis habituais. Os petróglifos en xeral, abranguen tres grandes períodos: Neolítico (IV e III milenios a.C.). Idade de Bronce (II milenio). Idade de Ferro (I milenio a.C. até o século III d.C.). A maioría dos petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores acreditan que terían aparecido as primeiras representacións, xa no cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce,. É habitual atopar gravados con datacións posteriores nas mesmas pedras e penedas onde xa había petróglifos antigos; un caso que se deu ata ben entrada a Idade Media. Un dos obxectivos que perseguían era a cristianización de antigos cultos e simboloxías e outras veces aproveitábanse esas localizacións para os lindes entre territorios, como parroquias ou “señoríos” da nobreza medieval. En Baños de Molgas é moi habitual este tipo de petróglifo, en forma de cruces, e sobre pedras con outras simboloxías máis antigas. Un exemplo é o cruceiro-petróglifo de San Vitoiro de Presqueira. Fonte: Grupo Galaico de Arte Rupestre.
baños de molgas