vista-aerea

O noso Concello é pequeno, somos algo máis de 1600 habitantes, repartidos en trece parroquias e corenta e sete núcleos de poboación. Pero temos moito que ofrecer:

  • Termalismo
  • Monumentos megalíticos ben conservados e sinalizados
  • Arquitectura e monumentos relixiosos, dende a Alta Idade Media ata o século XX.
  • Enxeñería civil e histórica: A calzada romana Vía XVIII, o Camiño de Santiago na súa ruta da Vía da Prata, pontes de orixe romana e medieval, poboados “castrexos”
  • Paisaxes: camiños para andainas, a cabalo e BTT, bosques, ríos e árbores senlleiras.
  • Áreas recreativas para gozar de paseos e baños
  • Conxuntos etnográficos: a maioría dos nosos núcleos de poboación están ben conservados. A pesar do avellentamento demográfico, aínda podemos observar a riqueza etnográfica e singularidade dos conxuntos arquitectónicos que atopamos nas nosas aldeas
  • Persoeiros: Dos que entre outros moitos poderiamos sinalar, o actor e humorista Moncho Borrajo; natal deste concello, onde podemos visitar o museo que leva o seu nome e dedicado á súa traxectoria artística. O académico Sergio Vences, Doutor en Filosofía e Letras de prestixio internacional ou o médico Samuel González Movilla, impulsor do termalismo terapéutico neste concello.

Baños de Molgas é un tesouro por descubrir. Un novo destino para viaxeiros e viaxeiras. Unha escolla para unha experiencia auténtica.

Gocen da súa visita