La APP: Ofrecemos una herramienta turística más
Localización. Parroquia de San Salvador de Baños de Molgas. Tipo de monumento. Fonte termal. De interese histórico, etnográfico, turismo termal e arquitectónico. Datación. Época moderna, século XIX. Descrición A Burga de Baños de Molgas é unha fonte termal. Foron os romanos os primeiros en construír baños para gozar destas augas, que as denominaban «Adaquas salientes» (augas brincadeiras). As súas augas brotan a unha temperatura de entre 28º e 49º. O seu uso está especialmente indicado para tratamentos da reuma, artrite e gota. A actual fonte foi construída en cantaría de granito en 1896. Presenta un muro triangular a modo de frontón no que se sitúa a baixa altura o cano, polo que transcorre a auga antes de caer nunha pía cuadrangular. Despois da fonte, hai dous píos de pedra, protexidos cunha cuberta con estrutura metálica e tellado de vidro, probablemente, para poder tomar as augas con calquera condición climatolóxica, e tamén, no primeiro dos píos, para poder lavar. A fonte atópase entre o Balneario de Molgas e a Ponte Vella, a beira do río Arnoia. Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia
Parroquia de San Salvador de Baños de Molgas.
Podemos afirmar que se trata dun antigo lugar de culto ás augas, xa que desta fonte saíu a ara romana que se atopa na capela prerrománica do mesmo pobo. A aparición de ninfas identificadas como divindades que habitan as fontes, como a personificación das forzas da natureza, interprétase como o intento por parte das autoridades romanas para adaptar progresivamente os deuses indíxenas e, así, introducir o modelo de culto romano. Os deuses indíxenas do tipo celta son substituídos por cultos coma o das ninfas, que toman o lugar das divindades nativas, producindo unha osmose entre o romano e o elemento nativo e unha sociedade mixta celta-romana. No arco da fonte pódese ver, aínda que moi difuminada, unha lenda. Na actualidade esta fonte está case esquecida, só se emprega para a rega das leiras que se atopan nas lindes, pero na súa época debeu de ser un gran complexo, polo que se intúe do que queda en pé. Fonte. José Antonio Gavilanes, www.patrimoniogalego.net
Santa Eufemia de Ambía
Trátase dunha fonte labrada en pedra cun fermoso arco de medio punto e de cantaría pouco traballada, dende onde se leva a auga por unhas canles de pedra ata chegar ás “pías” de pedra empregadas para lavar a roupa. Lavadoiros moi utilizados deica o 1967, no que se constrúe o novo pío, máis axeitado.
Guamil, Baños de Molgas