O Outeiro da Torre (en Suatorre) era o lugar onde ser erguía o castelo dos “Señores de Ambía”, emparentados ca importante figura histórica de San Rosendo Méndez, bispo de Santiago de Compostela e fundador de numerosos mosteiros e cenobios.
O que hoxe podemos ver, nesta pequena aldea, son as bases nas que se asentaban os muros do castelo e o camiño de acceso, que hoxe forman as rúas de Suatorre. Sábese que as pedras da fortaleza se utilizaron para a construción de vivendas na veciña Vilameá.
Un monumento importante desa época medieval é “O Pilo”, un sartego funerario ao pé dun castiñeiro, que pudo pertencer a algún dos “Señores de Ambía” alí enterrados. Outro elemento de interese é a “Cruz da Inquisición”, a súa sede estaba nunha aldea veciña, mais rematou formando parte da decoración dunha vivenda particular en Suatorre.
Un dos señores máis recoñecidos de Ambía foi Don Paio Arias de Ambía, que foi o primeiro señor de Soutomaior, ao servizo do Rei Alfonso VII e tamén un dos seus descendentes Paio Méndez de Soutomaior Pérez de Ambía, que por teren loitado nas Navas de Tolosa para o Rei Alfonso VIII, converteuse no “principal” e fundador da casa Sotomayor de Toledo.
Fonte: Elixio Rivas Quintas, Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia. Jose Antonio Gavilanes, http://www.patrimoniogalego.net
Un lutar mítico onde ser respira época medieval!