Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización. Parroquia de San Salvador de Baños de Molgas.

Tipo de monumento. Construción civil de propiedade particular e uso empresarial.

Datación. Século XIX.

Descrición
As propiedades das augas de Molgas son coñecidas dende a época da romanización.

En todos os tratados das augas minerais da idade moderna figura a vila de Baños de Molgas como un dos balnearios termais máis coñecidas de toda España.

As súas fontes e mananciais foron declaradas de utilidade pública en 1873 e este feito deu pé á construción do Balneario a finais do século XIX. Posteriormente, no século XX, remodelouse e adaptouse ás novas necesidades e usos. É un edificio de catro andares feito en cantaría de granito. Dentro do edificio o manancial principal é coñecido como: a Fonte Quente.

As augas do balneario son radioactivas, bicarbonatadas, sódicas, silicatadas e oligometálicas e a auga brota a unha temperatura de 49º C.

Os servizos que ofrece o Balneario de Baños de Molgas son: aerosois, baños de hidromasaxe, baños de chorros, ducha nasal e ducha circular.

Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia

Dirección

Dirección:

Parroquia de San Salvador de Baños de Molgas.

GPS:

42.24269158715677, -7.671309739611274

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con