Preto do pobo de Santa Eufemia, entre unha carballeira, aparece unha peneda illada na que se poden ver un bo número de cazoletas dun tamaño bastante igualado, entre 5 e 8 centímetros e unha profundidade ben marcada. Aparecen estalladas pola rocha, sen ningún orde aparente, nin orientadas nin aliñadas. A uns 20 metros aparece unha laxa con algunha cazoleta e acanaladura, pero moi desgastada, apenas se adiviña.
Non moi lonxe desta peneda podemos observar outro petróglifo, un dos máis rechamantes do concello de Molgas. Nel aprécianse moitas cazoletas e algún suco, aínda que todo moi desgastado. A peneda está a ras do chan, posiblemente limpando a terra circundante se puidera atopar algo máis.
Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net