Localización. A Chaira. Parroquia de San Salvador de Molgas.
Tipo de monumento. Monumento megalítico: Petróglifo. De interese arquitectónico, etnográfico e histórico.
Datación. Idade de Bronce (II milenio a.C.).
Descrición.
Na “Chaira da Insuiña” ou “a Ansuiña”, hai tres petróglifos situados a uns cen metros un dos outros dous. A súa localización é doada por estaren nos arredores do campo de fútbol de Baños de Molgas.
• Petróglifo 1, presenta unha forma de espiga ou planta, con talo e pólas rematadas en coviñas.
• Petróglifos 2 e 3, están formados por un conxunto de coviñas, sen coñecer o seu significado; pero moi habitual neste termo municipal
Catalogación. Inventario Municipal de bens patrimoniais.