Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Neste punto atopamos esta cruz de termo de tipoloxía cristiá. Consta de dous sucos, un deles duns 25 cm. e o outro de uns 15 cm., cruzados a 90º. Teñen os dous un ancho de 2 cm. e unha fondura de 4 cm. aproximadamente. Os extremos dos brazos da cruz están rematados en coviñas duns 5 cm. de diámetro.

Indica o punto común aos concellos de Baños de Molgas, Maceda e Paderne de Allariz e as súas parroquias de Betán (San Martiño), Piuca ou Araúxo (Santa María) e Figueiroá (San Xillao).

Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net

Dirección

GPS:

42.264376, -7.704432

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con