Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización: Confluencia das parroquias de Sta María de Ponte Ambía e a de Santo Estevo de Ambía.

Tipo de monumento: Enxeñaría civil. Ponte, usouse ata mediados dos anos noventa.

Datación: Época Baixo Medieval. Século XIV.

Descrición:

Na estrada OU-108, de Baños de Molgas a Xunqueira de Ambía, a altura do desvío cara A Ácea.

A Ponte de Pedra atravesa o río Arnoia, comunicando as ribeiras Norte e Sur. Sabemos que a Vía Romana XVIII pasaba por Baños de Molgas (Xocín), máis tarde, na época romana construíse outra vía secundaria, a Auriensis-Aquis Flaviis. Este foi o posible punto de paso sobre o río Arnoia, o veciño Castro da Acea, e outros restos romanos nas parroquias da contorna así o poderían testemuñar, como a Fonte das Ninfas en Santa Eufemia.

Segun o Catastro de Ensenada, no ano de 1752, a “Condesa de Baños recaudaba 70 reais polo dereito de pontazgo”.

A mediados do século XX, os veciños e veciñas das zona reconstruiron a ponte despois do seu derrube parcial.

Fonte. Jose Antonio Gavilanes, www.patrimoniogalego.net

 

Dirección

Dirección:

A Ácea. Baños de Molgas

GPS:

42.221679823776, -7.7181422710428

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con