Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización. Betán na Parroquia de San Martiño de Betán.

Tipo de monumento. Igrexa de orixe alto-medieval e estilos románico e barroco. De interese arquitectónico-artístico, etnográfico e histórico.

Datación. Época alto-medieval. Primeiros do século XIII.

Descrición
Igrexa de estilo románico, de primeiros do século XIII, reformada no século XVIII con estilo barroco. Planta rectangular con muros de pedra granítica ben labrada e contrafortes nos laterais. No exterior atopamos canzorros nas cornixas laterais.

A fachada principal, presenta cornixa en arco e remate con pináculos nas esquinas, sobre ela está a espadana, feita dun corpo e con remate en pirámide coroada con cruz de pedra. Porta de acceso con arco de medio punto e frontal con lintel románico. Contén un escudo de pedra labrado no seu interior onde se observa unha cruz “paté” que divide o espazo en catro partes; en cada unha vese a figura dun animal.

Os elementos románicos que podemos observar son: o lintel da entrada e quince canzorros no aleiro e tamén o que se ve na ventá do remate da espadana.

Catalogación. Inventario de bens patrimoniais, Xunta de Galicia.

Dirección

Dirección:

Betán na Parroquia de San Martiño de Betán.

GPS:

42.245419151601, -7.7145237929653

Comments (1)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con