Procura no Mapa

0.1 km
Buscar

Localización: Suatorre. Parroquia de Santo Estevo de Ambía

Tipo de elemento: Interés arquitectónico e industrial, unha construcción singular e única no entorno rural ourensán.

Datación: Idade moderna. Finais do s. XIX – mediados do século XX

Descrición: Esta casa foi ata mediados do século XX un lagar para a fabricación de velas de cera.Pertenceu a unha familia de Vilameá que eran coñecidos coma “Os Cereiros” ou “As Cereiras”. Polos anos 50-60 do século XX, aínda facían velas en Vilameá.

O lagar forno e prensa, foron desmontados, reaproveitándose para outros usos.

Fican unhas instalacións que xogaron o papel dunha pequena produción industrial, cun espírito semi- artesán. Por si só, o traballo de cantaría que se ve no lagar, fai que pague a pena de o visitar.

Sinalar que a “pesa” do lagar de cera (que aparece nas fotos), ten unha historia máis longa que a propia cerería: “Primeiramente foi feita para servir de pesa no lagar de Suatorre, pero cando se deixou de utilizar, alá por mediados do século XX, foi transportada para o lugar de Outeiro onde foi utilizada por “carpinteiros” para dar forma as ferras dos carros antes de ferralos a lume. Finalmente veu para á Esperela, onde decora un xardín particular.

Fonte: José Oliva e José Antonio Gavilanes

http://patrimoniogalego.net/index.php/51579/2013/11/pesa-do-lagar-de-cera-de-suatorre/

Dirección

GPS:

42.21038400295, -7.7097420549393

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con