Localización. Santa Eufemia de Ambía na Parroquia de Santo Estevo de Ambía. Tipo de monumento. Capela cristián alto-medieval. De interese arquitectónico, artístico, histórico, etnográfico e relixioso. Datación. Século IX. Inicio da alta idade media. Descrición Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Cronoloxicamente, está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual Mosteiro de San Rosendo en Celanova). En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da idade media europea; coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe. A planta componse dunha soa nave con ábsida rectangular e dividiase en tres capelas interiores. Vense os arranques de dous arcos dobres de ferradura que formaban parte das tres naves primitivas. No seu interior atopamos unha ara de orixe romano (baixo imperio romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románico. Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada “Fonte das Ninfas”, lugar de onde viría a ara que hoxe está no interior da capela de Santa Eufemia. Catalogación. Ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento […]
Parroquia de Santo Estevo de Ambía.
O Outeiro da Torre (en Suatorre) era o lugar onde ser erguía o castelo dos “Señores de Ambía”, emparentados ca importante figura histórica de San Rosendo Méndez, bispo de Santiago de Compostela e fundador de numerosos mosteiros e cenobios. O que hoxe podemos ver, nesta pequena aldea, son as bases nas que se asentaban os muros do castelo e o camiño de acceso, que hoxe forman as rúas de Suatorre. Sábese que as pedras da fortaleza se utilizaron para a construción de vivendas na veciña Vilameá. Un monumento importante desa época medieval é “O Pilo”, un sartego funerario ao pé dun castiñeiro, que pudo pertencer a algún dos “Señores de Ambía” alí enterrados. Outro elemento de interese é a “Cruz da Inquisición”, a súa sede estaba nunha aldea veciña, mais rematou formando parte da decoración dunha vivenda particular en Suatorre. Un dos señores máis recoñecidos de Ambía foi Don Paio Arias de Ambía, que foi o primeiro señor de Soutomaior, ao servizo do Rei Alfonso VII e tamén un dos seus descendentes Paio Méndez de Soutomaior Pérez de Ambía, que por teren loitado nas Navas de Tolosa para o Rei Alfonso VIII, converteuse no “principal” e fundador da casa Sotomayor […]
Suatorre, Vilameá, Baños de Molgas
O Camiño de Santiago percorre un recuncho pequeno do noso concello. Un vello camiño situado ao pé da vía do tren, entre as aldeas de Gaspar e A Lamela. O Camiño da “Vía da Prata” atravesa Baños de Molgas de Sur a Norte, chega dende o concello veciño de Xunqueira de Ambía e continúa cara a parroquia de Cantoña en Paderne de Allariz.
Están situados no Monte Campelo, en San Martiño de Presqueira, e pertencen á Idade de Bronce. O primeiro dos afloramentos apenas sobresae da rasante do chan. Aínda que está moi erosionado, distinguimos un mínimo de catro motivos de círculos concéntricos con coviña central, da que saen cadanseu suco. Os gravados están moi erosionados, sobre todo os circulares. Xunto a estes tres motivos distínguense catro podomorfos (tres de eles xuntos) e unha coviña illada. No cumio doutro pequeno outeiro granítico(a Pena Coitela), nunha pena que pouco sae da rasante do terreo, aparecen gravadas 5 coviñas de pequenas dimensións, cun diámetro medio de 4 cm. e unha fondura de 1. De polo menos tres destas coviñas sae cadanseu suco, tendo dous de eles unha lonxitude considerable e unha fondura de entre 2 e 3cm. Serían a representación de varias serpes arrastrándose pola superficie do penedo, sendo as cazoletas a cabeza. Preto hai outra pedra que tamén sobresae pouco da rasante do terreo, na que podemos ver gravado un motivo circular, formado por dous sucos circulares concéntricos, sendo o maior de un diámetro próximo a 25cm, tendo no centro unha coviña. Dende a cazoleta central sae un suco que cruza os dous círculos […]
Localización: Suatorre. Parroquia de Santo Estevo de Ambía Tipo de elemento: Interés arquitectónico e industrial, unha construcción singular e única no entorno rural ourensán. Datación: Idade moderna. Finais do s. XIX – mediados do século XX Descrición: Esta casa foi ata mediados do século XX un lagar para a fabricación de velas de cera.Pertenceu a unha familia de Vilameá que eran coñecidos coma “Os Cereiros” ou “As Cereiras”. Polos anos 50-60 do século XX, aínda facían velas en Vilameá. O lagar forno e prensa, foron desmontados, reaproveitándose para outros usos. Fican unhas instalacións que xogaron o papel dunha pequena produción industrial, cun espírito semi- artesán. Por si só, o traballo de cantaría que se ve no lagar, fai que pague a pena de o visitar. Sinalar que a “pesa” do lagar de cera (que aparece nas fotos), ten unha historia máis longa que a propia cerería: “Primeiramente foi feita para servir de pesa no lagar de Suatorre, pero cando se deixou de utilizar, alá por mediados do século XX, foi transportada para o lugar de Outeiro onde foi utilizada por “carpinteiros” para dar forma as ferras dos carros antes de ferralos a lume. Finalmente veu para á Esperela, onde decora un […]
Localización: Confluencia das parroquias de Sta María de Ponte Ambía e a de Santo Estevo de Ambía. Tipo de monumento: Enxeñaría civil. Ponte, usouse ata mediados dos anos noventa. Datación: Época Baixo Medieval. Século XIV. Descrición: Na estrada OU-108, de Baños de Molgas a Xunqueira de Ambía, a altura do desvío cara A Ácea. A Ponte de Pedra atravesa o río Arnoia, comunicando as ribeiras Norte e Sur. Sabemos que a Vía Romana XVIII pasaba por Baños de Molgas (Xocín), máis tarde, na época romana construíse outra vía secundaria, a Auriensis-Aquis Flaviis. Este foi o posible punto de paso sobre o río Arnoia, o veciño Castro da Acea, e outros restos romanos nas parroquias da contorna así o poderían testemuñar, como a Fonte das Ninfas en Santa Eufemia. Segun o Catastro de Ensenada, no ano de 1752, a “Condesa de Baños recaudaba 70 reais polo dereito de pontazgo”. A mediados do século XX, os veciños e veciñas das zona reconstruiron a ponte despois do seu derrube parcial. Fonte. Jose Antonio Gavilanes, www.patrimoniogalego.net
A Ácea. Baños de Molgas
Tumbas de orixe medieval. Almoite é unha das zonas de Baños de Molgas cun importante pasado histórico, debido ao seu emprazamento xeográfico estratéxico. Existen restos de “villae” romana, hoxe non visible.
Superficie: máis de 5.000 m2 Servizos: Piscina fluvial Mesas e bancos Zona de xogos infantil Coto de pesca. Ruta de senderismo: o Dende Vide ao Monte Medo e ao Santuario de Nosa Señora dos Milagros. o Dende Vide cara Xocín: segindo o camiño rural da antiga Vía XVIII romana.
Neste punto atopamos esta cruz de termo de tipoloxía cristiá. Consta de dous sucos, un deles duns 25 cm. e o outro de uns 15 cm., cruzados a 90º. Teñen os dous un ancho de 2 cm. e unha fondura de 4 cm. aproximadamente. Os extremos dos brazos da cruz están rematados en coviñas duns 5 cm. de diámetro. Indica o punto común aos concellos de Baños de Molgas, Maceda e Paderne de Allariz e as súas parroquias de Betán (San Martiño), Piuca ou Araúxo (Santa María) e Figueiroá (San Xillao). Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net
Abertas só en época estival. Para máis información podese consultar no Concello: 988 430000
Parque Ansuiña
Este “Viacrucis”, se sitúa en la carretera de Baños de Molgas (salida por el parque de Ansuiña) en dirección al Monte Medo. Cronológicamente es actual, de finales del s. XX Su interés radica en ser ejemplo de religiosidad en la sociedad rural gallega, en la que el crucero y el camino, simbolizan la unión sagrada del alma, de persoas vivas y muertas Un paseo muy recomendable de aproximandamente 4 kilómetros
Vila de Baños de Molgas. Parque da Ansuiña
En Vilariño de Lama Má, atopamos a igrexa parroquial de San Cibrao Data de mediados do século XVIII. É sinalada pola súa impresionante fachada, tanto pola altura como pola variada decoración. No interior agocha varias sorpresas, coma o artesonado do teito, o retablo do altar, un tríptico de estilo “rococó” e o resto dunha pintura renacentista, que representa a Santa Lucía. É sabido da importancia das terras de Baños de Molgas e Maceda ao longo da Idade Media, por eso paga a pena pararnos a observar os escudos que atopamos na fachada: Vemos dous escudos nobiliarios: O dos Marqueses de Villaverde da Limia e o dos Soutelo de Nóvoa. A familia dos marqueses de Villaverde, ten a orixe na familia Soutelo de Nóvoa, do pobo veciño de Xocín. O antepasado común das dúas familias é: Antonio Soutelo de Nóvoa, que chegou a ser Mestre de Campo e Cabaleiro da Orde de Santiago. O escudo da familia Soutelo, representa 5 castiñeiros en formación de sotuer. E aparece na fachada por orde de Manuel Soutelo de Nóvoa, que en 1760 é o padroeiro de Lama Má. Noutra parte da fachada vemos unha inscripción que reza: HIZOSE SIENDO ABAD EL SR DN ALONSO […]
Vilariño de Lama Má. Baños de Molgas