Alquerque de 9 que posúe a forma tradicional que os caracteriza, os tres cadrados concéntricos e as liñas rectas que unen os seus lados nun punto intermedio.
Durante anos creuse que era unha marca de termo, a división entre as parroquias de Ambía e a de Poedo, isto foi por unha mala interpretación da gravura.
Definiuse como un círculo con coviña interior, dentro de dous cadrados, posiblemente polo erosionado do suco e rudimentario do seu trazado.
Atopámolo gravado no Penedo da Demarcación, unha laxe de uns 10 x 12m sito no Monte da Grama, a non moitos centenares de metros onde estivo a torre dos Ambía, o que nos fai crer na súa datación medieval
Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net