Pedra exenta irregular que formaba parte da parede de peche dunha poula preto do pobo de Bouzas, duns 65cm de largo por 40cm de ancho e case 30cm de espesor.
Nunha das súas caras ten gravados con sucos bastante profundos, cinco círculos concéntricos interrompidos por algún suco atravesando dende o centro cara ó exterior, e pequenas cazoletas no centro.
Foi atopada casualmente por unha traballadora do concello, dando un paseo pola zona. Foi comunicado a Patrimonio o seu achádeo e o perigo de que ó ser unha pedra exenta, que entre dúas persoas a poden mover facilmente, podería ser roubada. Algo que finalmente ocorreu, pero de alí a uns meses volveu aparecer.
Agora permanece gardado na capela de Bouzas.
Fonte: José Antonio Gavilanes, en www.patrimoniogalego.net